Agaela Galicia

Página web

Agaela Galicia Loitamos por visibilizar a ELA e as necesidades tanto das persoas que a padecen como das súas familias, para mellorar e manter a súa calidade de vida 💚

24/10/2026

Grazas polo camiño compartido! 💚

Dende AGAELA queremos agradecer a .barbanza a súa proximidade, a súa disposición a escoitarnos e o traballo compartido durante estes anos.

Para as persoas que convivimos coa ELA, cada paso, cada conversa e cada avance é importante. Por iso, valoramos especialmente a atención prestada ás necesidades das persoas afectadas e das súas familias, así como os espazos de diálogo e colaboración que nos permiten avanzar nas nosas reivindicacións.

As asociacións de pacientes sabemos que para conseguir avances é fundamental tender pontes, sumar esforzos e manter abertas as vías de diálogo coas institucións. E cando hai disposición para escoitar e traballar conxuntamente, recoñecelo tamén forma parte do noso compromiso.

Desexámosche o mellor nesta nova etapa!

En AGAELA seguiremos traballando, colaborando coas institucións e reivindicando todo aquilo que aínda queda por conseguir. Porque, por riba de calquera cargo ou responsabilidade, o importante son as persoas e a capacidade de traballar xuntos para dar resposta ás súas necesidades.

Grazas por acompañarnos neste camiño! Seguimos loitando por unha vida digna para todas as persoas con ELA 🍀

Queres formar parte do noso equipo? 🍀Se tes formación no ámbito administrativo e che interesa a xestión de subvencións, ...
23/10/2026

Queres formar parte do noso equipo? 🍀

Se tes formación no ámbito administrativo e che interesa a xestión de subvencións, esta pode ser a túa oportunidade!

📢 Incorporamos un/unha Técnico/a de Subvencións e Xestión Administrativa.

📍 Localización: Espazo Amizar, A Coruña.
🕒 Xornada: parcial do 75 % (28 horas e 52 minutos semanais), de luns a venres en horario de mañá.
📅 Duración: contrato de 12 meses, con posibilidade de continuidade mediante un contrato indefinido.

🎯 Que farás no día a día?

▪️ Xestionar subvencións e axudas.
▪️ Preparar solicitudes, memorias técnicas e documentación administrativa.
▪️ Realizar o seguimento e a xustificación económica das axudas.
▪️ Apoiar as tarefas administrativas, a facturación e a organización documental.

🔎 Que perfil buscamos?

✅ Formación en Administración e Finanzas, ADE, Xestión Pública ou similar.
✅ Coñecementos de administración electrónica.
✅ Experiencia na tramitación e xustificación de subvencións, moi valorable.
✅ Organización, iniciativa e manexo de ferramentas informáticas.

Esta contratación enmárcase nos Programas de Cooperación coas Entidades Sen Ánimo de Lucro 2026

📩 Anímate a participar no proceso de selección!

Envíanos o teu CV actualizado a 📩 [email protected], indicando no asunto «Vacante Administración e Subvencións - O teu nome»

Agardamos coñecerte! 💚

PincELAdas pola ELA 🎨Onte inauguramos en Marín unha nova exposición de PincELAdas pola ELA, unha iniciativa solidaria qu...
16/10/2026

PincELAdas pola ELA 🎨

Onte inauguramos en Marín unha nova exposición de PincELAdas pola ELA, unha iniciativa solidaria que reúne arte e compromiso social.

A exposición poderá visitarse ata o 27 de outubro, unha oportunidade para achegarse ás obras e coñecer de preto esta proposta solidaria.

Desde AGAELA queremos agradecer especialmente a María, impulsora desta iniciativa, a Anton Sobral Iglesias , ao Ateneo Santa Cecilia e ao Concello de Marín pola súa implicación e colaboración.

Grazas tamén a todas as persoas que nos acompañastedes na inauguración e ás que contribuístedes a facer posible esta exposición.

Agardámosvos en Marín ata o 27 de outubro 💚🍀



ℹ️ Esta actividade enmárcase dentro do programa “AGAELA Convivencia: actividades culturais, deportivas e sociais para persoas con e sen ELA” financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF

09/10/2026
VivELAdigna continúa medrando para seguir acompañando ás persoas con ELA e ás súas familias 💚Este ano, AGAELA e a Xunta ...
21/09/2026

VivELAdigna continúa medrando para seguir acompañando ás persoas con ELA e ás súas familias 💚

Este ano, AGAELA e a Xunta de Galicia renovamos o convenio de colaboración para o desenvolvemento e consolidación do proxecto VivELAdigna neste ano 2026, financiado con 100.000€ pola Consellería de Política Social e Igualdade.

Tras o impacto positivo acadado en 2025, damos un novo paso para consolidar un modelo de atención integral, especializada e de proximidade, con especial atención á intervención no domicilio 🏠

VivELAdigna nace para acompañar ás persoas afectadas por ELA e ás súas familias ao longo das diferentes fases da enfermidade, ofrecendo unha atención especializada, personalizada e coordinada, adaptada ás necesidades de cada persoa e de cada familia.

Este convenio permite dar continuidade a un servizo especializado que complementa a rede pública de atención sociosanitaria e que busca:

✅ Mellorar a calidade de vida das persoas con ELA e das súas familias.
✅ Favorecer a permanencia no seu entorno habitual.
✅ Anticipar necesidades e ofrecer respostas coordinadas.
✅ Acompañar ás familias ante situacións de elevada complexidade.
✅ Construír un modelo de coidados máis preventivo, próximo e sostible.

Seguimos avanzando para que ningunha persoa con ELA teña que afrontar este camiño soa.

Grazas á Xunta de Galicia e á Consellería de Política Social e Igualdade por facer posible a continuidade de VivELAdigna e por contribuír a construír unha atención máis próxima e centrada nas persoas 🍀

Seguimos sumando recursos para estar ao lado das persoas con ELA e das súas familias 🍀Neste 2026 AGAELA foi beneficiaria...
16/09/2026

Seguimos sumando recursos para estar ao lado das persoas con ELA e das súas familias 🍀

Neste 2026 AGAELA foi beneficiaria de tres subvencións da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia financiadas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades.

Grazas a este apoio poderemos desenvolver:

🤝🏽 AGAELA convivencia, un programa de actividades culturais, deportivas e sociais inclusivas que favorecen a visibilidade e a sensibilización sobre a enfermidade.

♿ Banco de produtos de apoio, que ofrece asesoramento e préstamo gratuíto de axudas técnicas para mellorar a autonomía das persoas con ELA.

🏡 Programa de respiro familiar, destinado a apoiar ás familias e persoas coidadoras que asumen a atención continuada dunha persoa con ELA, ofrecéndolles apoio profesional no fogar e facilitando así momentos de descanso.

Cada un destes proxectos supón un paso máis para mellorar a calidade de vida, fomentar a inclusión e acompañar ás persoas con ELA e ás súas familias en todas as etapas da enfermidade.

Grazas por facelo posible 💚

Onte recibimos un recoñecemento moi especial en Cangas da man de Protección Civil 💚Para AGAELA, e especialmente para Pil...
14/09/2026

Onte recibimos un recoñecemento moi especial en Cangas da man de Protección Civil 💚

Para AGAELA, e especialmente para Pili, vicepresidenta e irmá de Tino, este momento ten un significado enorme.

Tino, un dos fundadores e AGAELA, loitou incansablemente polos dereitos das persoas con ELA. Xunto coa súa familia e amizades puxo en marcha o evento “Cangas móvese pola ELA”, que xa vai pola súa onceava edición reunindo a centos de persoas, e para o que se contou dende a primeira edición co apoio imprescindible de Protección Civil de Cangas.

Por iso este recoñecemento queremos compartilo, porque detrás de AGAELA hai moitas persoas e entre elas están todas aquelas que nos axudaron a avanzar e chegar ata onde estamos hoxe.

Grazas de corazón por acompañarnos ano tras ano, por axudarnos e por seguir movéndovos con nós pola ELA 🍀

Mañá vémonos en Bueu 💚Dende AGAELA queremos agradecer á Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro por convidarnos á I Xun...
11/09/2026

Mañá vémonos en Bueu 💚

Dende AGAELA queremos agradecer á Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro por convidarnos á I Xuntanza de Mulleres Rurais.

Estamos encantadas de poder formar parte desta edición e compartir unha xornada dedicada ás mulleres do rural, ao encontro, á cultura, á tradición e á reivindicación.

📍Parque Ramal dos Galos, Bueu
🗓️ Sábado 12 de setembro

Unha xornada para desfrutar, compartir experiencias e seguir creando redes entre mulleres 🍀

Dirección

A Coruña

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Agaela Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir