Latexo Logopedia

Llamar Cómo llegar

Latexo Logopedia Clínica de logopedia para poboación infantil e adulta.

Tratamento de patoloxías de voz, linguaxe, fala, audición, comunicación e funcións orofaciais (respiración, succión, deglutición, masticación)

🧩💙 Tres xogos, tres obxectivos distintos🍔 Hamburguesa de secuencias → seguimento de patróns e planificación🔴 Ensartables...
23/10/2026

🧩💙 Tres xogos, tres obxectivos distintos

🍔 Hamburguesa de secuencias → seguimento de patróns e planificación
🔴 Ensartables de cores e formas → clasificación e coordinación visomotora
🛒 A lista da compra → cálculo, vocabulario e comprensión de instrucións

Porque en Latexo cada material ten o seu porqué, aínda que pareza un simple xogo 🧠

19/10/2026

💚🎲 Así aprendemos en Latexo

Xogos, vocabulario, categorización, estruturación da linguaxe... cada recurso ten o seu porqué 🧠

Porque a logopedia é moito máis do que che imaxinas 💚

15/10/2026

🧠💬 ¿Sabías que hai algo máis alá de "non fala ben"?

Dificultades na estruturación morfosintáctica, problemas coa pragmática da linguaxe (entender bromas, dobre sentido, adaptar o discurso a cada contexto)... hai moito máis detrás dun trastorno da linguaxe do que se pensa 🗣️

Estas alteracións poden aparecer en diversas patoloxías, dende o nacemento ata os últimos días da nosa vida 💙

Sempre que teñas dúbidas, podes atopar a unha logopedista que che axude 🧩

Cales son os primeiros signos do autismo? 👀Hai sinais que, ás veces, pasan desapercibidos... Pero coñecelos pode marcar ...
09/10/2026

Cales son os primeiros signos do autismo? 👀

Hai sinais que, ás veces, pasan desapercibidos... Pero coñecelos pode marcar a diferenza para actuar a tempo.

Non se trata de facer un diagnóstico, senón de saber que observar: como responde ao seu nome, como establece contacto visual, como comparte o que lle interesa ou como busca comunicarse antes de falar.

Canto antes se detecten estas sinais, antes se pode empezar a traballar sobre elas. E iso, en moitos casos, marca unha grande diferenza no desenvolvemento.

Se algo do que ves aquí che resulta familiar, non esperes. Escríbenos ou chámanos ao 642 00 72 10 e falamos sen compromiso. 💬

🐾💙 Percepción visual con animaisFormas, cores e detalles que hai que recoñecer e diferenciar dun vistazo 👀Un recurso sin...
06/10/2026

🐾💙 Percepción visual con animais

Formas, cores e detalles que hai que recoñecer e diferenciar dun vistazo 👀

Un recurso sinxelo que axuda a traballar discriminación visual, atención e vocabulario ao mesmo tempo 🧠

30/09/2026

🧠💙 Alzheimer, Parkinson, Esclerose Múltiple... ¿sabías que a logopedia tamén ten un papel aquí?

Estas enfermidades poden provocar alteracións na linguaxe e na comunicación, e é aí onde entramos nós 🗣️

Podemos intervir dende fases iniciais, con alteracións menores, ata fases xa máis avanzadas, axudando ás familias a ter unha mellor disposición ante o proceso 💚

Porque acompañar tamén é parte do noso traballo.

26/09/2026

🖊️✨ Hai moitas formas de aprender a escribir... e a area é unha das máis divertidas

Traballar coa area estimula a motricidade fina, a coordinación e a memoria muscular do trazo, ademais de ser unha experiencia sensorial moi rica 🖐️

Así tamén se aprende en Latexo 💚

🧶🧠 Logopedia divertida: así traballamos con Rope ChallengeUn lío de cordas de cores que hai que resolver seguindo a lóxi...
21/09/2026

🧶🧠 Logopedia divertida: así traballamos con Rope Challenge

Un lío de cordas de cores que hai que resolver seguindo a lóxica correcta... e que dá moito xogo a nivel terapéutico 👇

🎯 Traballa atención sostida e planificación
🧩 Favorece o razoamento lóxico e a resolución de problemas
✋ Reforza a coordinación e a motricidade fina
🗣️ Perfecto para introducir vocabulario espacial (enriba, por debaixo, cruzar, seguir...)

Parece un simple xogo de nós... e detrás ten moito máis sentido do que parece 💚

17/09/2026

🕊️💙 Un labor da logopedia do que case ninguén fala

Cando pensamos en logopedia, adoitamos pensar en articulación, dislexia ou linguaxe infantil. Pero o noso labor vai moito máis alá.

Tamén acompañamos en coidados paliativos: adaptando a alimentación e as consistencias quando xa non se puede comer con seguridade, e coidando a forma na que unha persoa se comunica nos seus últimos días de vida 🤍

Porque a comunicación e a dignidade importan en cada etapa da vida, tamén na última.

15/09/2026

Xa a metade de setembro 🗓️ parece que os horarios comezan a coller forma!!! ✌️
Este ano en Latexo a cousa foi áxil e rápida pero sempre hai momentos de estrés 🫠 que poñen a proba as nosas habilidades xogando ao tetris 🧩 de pequenas (boa cousa ser milenial e poder xogar a estas cousas cando era pequena 😆).
Agora con todos os ocos ocupados, a traballar duramente durante o curso 💪 para conseguir todos os obxectivos que nos propuxemos cxs nosxs pequepacientes ✅

Como ides levando as demais??? Tedes horarios de cine ou para documental de terror?? 🤪😆🫠

Dirección

Rúa Rosalía De Castro, 3
A Coruña
15800MELIDE

Horario de apertura

Martes 10:00 - 13:30
15:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 13:30
15:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 13:30
15:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 13:30
15:30 - 20:30

Teléfono

+34642007210

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Latexo Logopedia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría