Farmacia de Donramiro

Llamar Cómo llegar Contactar con la empresa

Farmacia de Donramiro Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Farmacia de Donramiro, Farmacia, Avenida Montserrat, 46/Donramiro, Lalín.

14/10/2026

Recortar cupóns precinto: ese deporte de risco que practicamos cada día na farmacia. 😂

Que se nos esqueza algún, que apareza onde non debe, que se pegue nas bolsas… Xa lle dedicamos demasiadas horas a esta pequena obra de artesanía! 🤦🏻‍♀️

Nós xa fixemos a nosa parte. Agora tócalle ao cupón precinto ir desaparecendo da nosa vida! 🫠✂️🙏🏼

08/10/2026

E ti… estás notando a caída do outono? 🍂👀

Propoñémosche unha rutina completa para coidar o teu cabelo desde fóra e desde dentro.
3 pasos. 3 momentos do día.

🚿 PASO 1 · NA DUCHA: Lambdapil Champú Anticaída.
Limpa o cabelo e o coiro cabeludo á vez que axuda a fortalecer o cabelo e preparalo para o resto da rutina. Porque o coiro cabeludo tamén necesita coidados. 🫧

🥣 PASO 2 · CO DESAÚNO: Lambdapil 5α Plus.
Un complemento alimenticio formulado con ingredientes que actúan desde dentro, axudando a manter o cabelo en condicións normais e a coidar o ciclo capilar.

🌙 PASO 3 · POLA NOITE: Lambdapil Melatonin Concentrate.
Unha fórmula con melatonina e outros activos, pensada para apoiar o ciclo de crecemento do cabelo e axudar a combater a caída estacional.

🍂 Se notas máis caída de cabelo do habitual, na farmacia temos aliados. Pásate! 🤗

17/09/2026

Asaltamos o noso escaparate para irnos prepararndo para as festas!!💃🏻💃🏻

A maquillaxe de é un básico no noso neceser xa, con spf 50 e súper hidratante, ideal para seguir disfrutando do ☀️ que nos vai acompañar esta fin de semana 😎

Quedaría guapa Nuria? Igual a vedes no saltamontes ou bailando cas charangas!💃🏻

10/09/2026

Veña veña!que xa está a carballeira preparadaa!!💃🏻

Esta fin de semana, son as festas de Doramiro🥳
E como tamén queremos ir á festa, baixamos a verxa uns días! 😝

Venres, sábado, domingo e luns estaremos pechados, volvemos o martes con enerxia e un pouco de resaca 🫣😉

28/08/2026

E se organizar a medicación fose así de fácil? 🤗✨

Co noso Sistema Personalizado de Dosificación (SPD) preparamos a medicación de cada paciente de forma organizada, segura e personalizada, para que saiba que tomar e cando tomalo.

Detrás dese “chisquido” hai moito traballo: revisión, organización e o coidado do noso equipo. 💚

Tes varios medicamentos e ás veces resulta difícil organizalos?
Pregúntanos polo noso servizo de SPD.

27/07/2026
09/07/2026

Aínda non coñeces o SUN AOX Serum de ⁉️

Prepara a túa pel antes da exposición solar e axuda a reparar o dano oxidativo despois dun día de ☀️

O Sun AOx Serum:
☀️ Ten acción antioxidante pre e post solar.
☀️ Textura lixeira, invisible e sen aceites.
☀️ Axuda a preservar o coláxeno e previr arrugas.
☀️ Ideal para persoas con tendencia ás manchas solares.

Aínda así, non te olvides do fotoprotector‼️

17/06/2026

O mellor destes 30 anos sodes vós.💚
As persoas que entrades cada dia pola porta, que confiades en nós, que nos facedes sentir parte das vosas vidas.
Por iso, neste aniversario, queriamos que fosedes vós quen falásedes.
Porque a nosa historia non se pode contar sen os nosos pacientes.🥰
Grazas por estes 30 anos de confianza, cariño e compañía.


28/05/2026

Aínda non tes o teu repelente?? Pois xa anda por ahí moito bicherío! 🦟🪳🦗

Achégate á farmacia e aconsellarémosche o máis axeitado para ti e a túa familia🤱👬

22/05/2026

A maioría dos protectores duran uns 6 ou 12 meses despois de abertos. Busca o símbolo no envase.
Ademáis, é importante fixarse no aspecto:
* se cambiou de cheiro,
* está máis líquido ou separado,
* ten grumos,
* ou cambiou de cor,
mellor tiralo.

Tamén conta moito como estivo gardado. Se pasou o verán na praia, no coche ou ao calor, pode perder eficacia antes.

Co protector solar non compensa moito arriscar!! 😬
Se tes dúbidas e xa leva aberto desde o verán pasado, o máis seguro adoita ser renovalo.👍🏼😉

Dirección

Avenida Montserrat, 46/Donramiro
Lalín
36515

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 14:30
16:30 - 21:00
Martes 09:30 - 14:30
16:30 - 21:00
Miércoles 09:30 - 14:30
16:30 - 21:00
Jueves 09:30 - 14:30
16:30 - 21:00
Viernes 09:30 - 14:30
16:30 - 21:00
Sábado 10:00 - 13:30

Teléfono

+34986787090

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Farmacia de Donramiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Farmacia de Donramiro:

Atajos

Compartir

Categoría

Compañías De Salud Y Belleza cercanos