04/11/2026
✊ O 11N imos á folga porque estamos fartas de que vivir sexa un luxo.
A vivenda é un dereito, non unha mercadoría. Non aceptamos que especular sexa máis rendible que garantir un teito, que os salarios non cheguen para vivir nin que os dereitos básicos queden subordinados ao beneficio duns poucos.
Desde Bico de Grao sumámonos á Folga Xeral pola Vivenda e contra o custo da vida, porque non abonda con resistir individualmente: precisamos organizarnos, mobilizarnos e conquistar cambios colectivos.
Tamén reivindicamos outra forma de consumir e de producir. Fronte ás grandes superficies, os monopolios e a concentración da riqueza, defendemos o comercio local, a economía social e solidaria e a agroecoloxía. Porque a transformación social constrúese nas rúas loitando e, no noso día a día, replicando.
📢 O 11 de novembro pechamos Bico de Grao para estar coas de abaixo.
A vida no centro e os dereitos, sempre, diante dos beneficios! ✊