Tesgalicia.info

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Tesgalicia.info Asociación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia

🚑 CURSO PHTLS EN POIO (PONTEVEDRA)📢 Desconto especial para soci@s de    – Escuela Europea de Formación organiza este cur...
03/10/2026

🚑 CURSO PHTLS EN POIO (PONTEVEDRA)

📢 Desconto especial para soci@s de

– Escuela Europea de Formación organiza este curso PHTLS en Pontevedra cunha condición especial para as persoas socias de Tesgalicia.

💶 Prezo habitual: 490€
🎓 Prezo para soci@s de Tesgalicia: 440 €
🤝 Aportación especial de Tesgalicia: +40 €

🚑 PREZO FINAL PARA SOCI@S DE TESGALICIA: 400 €

👉 Desconto total: 90 €

⚠️ Atención: hai 4 prazas reservadas para soci@s ata as 00:00 h do martes 6.

📲 Para máis información e consultar as condicións:
Secretaría de Tesgalicia
WhatsApp ou Telegram: 623 038 697

Non perdas esta oportunidade de continuar formándote! 🚑📚

  non vai permanecer calada fronte os ataques aos TES.Consideramos absolutamente inadecuado que se pretenda sinalar publ...
15/09/2026

non vai permanecer calada fronte os ataques aos TES.

Consideramos absolutamente inadecuado que se pretenda sinalar publicamente, con nome e apelidos, a un traballador como responsable dunha suposta perda de calidade do servizo de salvamento e socorrismo de Vigo. Os problemas dun servizo non se solucionan buscando un chibo expiatorio entre os traballadores que están na primeira liña.

Se existen deficiencias, as responsabilidades deben buscarse onde corresponde: na xestión, na organización, na contratación e na supervisión do servizo, así como nas decisións políticas que determinan os medios cos que se presta.

👉 Desde Tesgalicia coñecemos a realidade do Servizo de Praias de Vigo e coñecemos tamén o traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade nel. Por iso resulta especialmente preocupante a deriva que está tomando este servizo.

👉 A eliminación de postos de primeiros auxilios e de persoal de enfermaría supuxo que, por primeira vez en máis de 15 anos, as praias de Vigo quedasen sen persoal de enfermaría integrado no dispositivo. Isto non é unha cuestión menor nin unha decisión que poida pasar desapercibida cando estamos a falar da seguridade e da atención sanitaria da cidadanía.

A maiores, existen cuestións relacionadas cos medios empregados para as intervencións de emerxencia, coa cualificación do persoal e co respecto ás competencias profesionais que deben ser aclaradas.

➡️ Estas cuestións non son novas para Tesgalicia. As posibles irregularidades e deficiencias detectadas na prestación do servizo por parte da empresa responsable xa foron postas en coñecemento do Concello de Vigo, ao que lle corresponde, como administración responsable da contratación e supervisión do servizo, adoptar as medidas que procedan e garantir que as condicións pactadas se cumpran.

Por iso, desde Tesgalicia preguntamos:

👉Que medios se están poñendo realmente á disposición das praias con máis de 50.000 bañistas?
👉Que profesionais están prestando o servizo?
👉Que funcións e competencias ten cada un deles?
👉Quen supervisa que a empresa cumpra co establecido no contrato?
👉E, sobre todo, quen asume as responsabilidades cando estas condicións non se cumpren?

Non aceptamos que se traslade aos traballadores a responsabilidade polas decisións tomadas por empresas privadas ou administracións.

Os Técnicos en Emerxencias Sanitarias estamos para atender, asistir e protexer á cidadanía, non para converternos en responsables dos recortes, da falta de medios ou dunha mala planificación do servizo.

Desde Tesgalicia defendemos a profesionalidade dos traballadores e esiximos respecto polas competencias profesionais, medios suficientes, condicións dignas e un servizo público de calidade e seguro.

E se existen irregularidades na prestación dun servizo público privatizado, o que corresponde non é mirar para outro lado nin buscar culpables entre os traballadores.

Corresponde investigar. Corresponde supervisar. Corresponde actuar. E, se procede, corresponde esixir responsabilidades.

📑 Porque detrás dun contrato público hai cartos públicos.
E detrás dun servizo de emerxencias hai algo moito máis importante: a seguridade e a vida das persoas.

Tesgalicia non vai calar.
Máis medios. Máis profesionais. Máis seguridade.
E, sobre todo, máis responsabilidade.

🚑 Hoxe celebramos o Día dos Primeiros Auxilios ❤️Nunha emerxencia, todos podemos contribuír a salvar unha vida.Saber ale...
13/09/2026

🚑 Hoxe celebramos o Día dos Primeiros Auxilios ❤️

Nunha emerxencia, todos podemos contribuír a salvar unha vida.

Saber alertar, actuar correctamente e facelo de maneira precoz pode marcar a diferenza entre a vida e a morte. Cada día, os primeiros minutos son decisivos, e ter os coñecementos básicos para responder ante unha emerxencia pode salvar moitas vidas.

Por iso, desde a Asociación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias Sanitarias de Galicia — Tesgalicia, seguimos firmemente comprometidos coa formación e coa educación sanitaria da poboación.

Porque a primeira axuda pode estar en calquera persoa.
Porque todos podemos ser parte da cadea de supervivencia.
Porque aprender primeiros auxilios é aprender a protexer, axudar e salvar vidas. 🫶

👉 Formémonos. Actuemos. Salvemos vidas.

Formación CadeaDeSupervivencia SalvarVidas

A cadea de supervivencia, clave ante unha emerxenciaEste suceso pon de manifesto a importancia de que, ante unha situaci...
17/08/2026

A cadea de supervivencia, clave ante unha emerxencia

Este suceso pon de manifesto a importancia de que, ante unha situación de emerxencia, a cadea de supervivencia se active de maneira rápida, coordinada e eficaz.

A intervención inicial, a colaboración cidadá, a dispoñibilidade de medios de reanimación e a actuación dos profesionais sanitarios presentes no lugar permitiron proporcionar unha atención inmediata mentres se agardaba pola chegada dos recursos asistenciais.

Desde queremos poñer en valor, unha vez máis, a importancia da formación da cidadanía en primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar (RCP), así como a necesidade de que os espazos con piscinas conten cos medios e equipamentos axeitados para responder ante posibles situacións de emerxencia.

Neste caso, a actuación coordinada de todas as persoas implicadas —desde o cliente que realizou o rescate e o persoal do establecemento ata os profesionais sanitarios presentes e os equipos asistenciais— foi determinante.

Ante unha emerxencia, cada minuto conta. A cadea de supervivencia funciona cando todos sabemos como actuar.

Un cliente sacó al menor del fondo de la piscina y un técnico de emergencias, una enfermera y una médica que se encontraban en el complejo lograron estabilizarlo hasta la llegada de una ambulancia

A cadea de supervivencia funciona ❤️‍🩹Un Técnico en Emerxencias Sanitarias, xunto cunha enfermeira e unha médica que se ...
15/08/2026

A cadea de supervivencia funciona ❤️‍🩹

Un Técnico en Emerxencias Sanitarias, xunto cunha enfermeira e unha médica que se atopaban en celebracións distintas no Hotel Balneario de Mondariz, interviñeron para estabilizar un menor de 5 anos tras ser rescatado do fondo da piscina con síntomas de afogamento.

Os profesionais sanitarios solicitaron o material de reanimación dispoñible nas instalacións do Balneario para poder atender ao menor e iniciar as actuacións necesarias.

A rápida actuación e coordinación dos profesionais permitiu manter o menor estabilizado ata a chegada do recurso de SVB, co equipo médico do PAC.

Un exemplo de que saber actuar, actuar rápido e traballar en equipo pode marcar a diferenza.

👏 Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta intervención e, sobre todo, por demostrar unha vez máis que a cadea de supervivencia funciona.

CadeaDeSupervivencia PrimeirosAuxilios SVB

🤍💙🤍 Feliz Día de Galicia! 🤍💙🤍Neste 25 de xullo, desde   queremos render unha merecida homenaxe a todas as persoas que ca...
25/07/2026

🤍💙🤍 Feliz Día de Galicia! 🤍💙🤍

Neste 25 de xullo, desde queremos render unha merecida homenaxe a todas as persoas que cada día traballan ao servizo da cidadanía.

🚑 O noso máis sincero recoñecemento e agradecemento a todos os Técnicos en Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias que, tanto a pé de rúa como desde a CCUS, realizando altas, rehabilitacións, consultas ou servizos interhospitalarios, velan as 24 horas do día pola saúde, a seguridade e o benestar da nosa sociedade.

Grazas pola vosa profesionalidade, compromiso e vocación de servizo. O voso traballo, moitas veces silencioso e sempre imprescindible, é fundamental para que Galicia sexa un lugar máis seguro.

Porque detrás de cada emerxencia hai persoas que nunca deixan de coidar das demais.

💙 Feliz Día de Galicia! Hoxe e sempre, Galicia conta convosco.

🔷️ Desde Tesgalicia queremos desexar unha pronta recuperación ás persoas feridas no accidente de tráfico no que se viron...
21/07/2026

🔷️ Desde Tesgalicia queremos desexar unha pronta recuperación ás persoas feridas no accidente de tráfico no que se viron implicados unha ambulancia de Soporte Vital Básico de Cruz Vermella Ourense e un turismo.

Queremos enviar, de maneira moi especial, unha forte aperta e todo o noso ánimo ao Técnico en Emerxencias Sanitarias de Cruz Vermella, entidade colaboradora coa nosa asociación.

Moita forza e unha pronta recuperación para todas as persoas afectadas. ❤️🚑

Consellería de Sanidade :En que quedamos❓️❓️❓️👉Somos condutores e/ou axudantes?  👉Somos Técnicos en Emerxencias Sanitari...
08/07/2026

Consellería de Sanidade :
En que quedamos❓️❓️❓️

👉Somos condutores e/ou axudantes?

👉Somos Técnicos en Emerxencias Sanitarias (TES), profesionais sanitarios?

👉Somos paramédicos?

Esíxesenos unha titulación 📜 específica para poder exercer, pero continúannos contratando como condutores, axudantes ou padioleiros, mentres agora nos denomina doutra maneira.

Antes de falar de "paramédicos", quizais habería que empezar por crear e recoñecer dunha vez a categoría profesional dos Técnicos en Emerxencias Sanitarias, acorde coa nosa formación, competencias e responsabilidades.

E, por certo, o Día do Técnico en Emerxencias Sanitarias celébrase o 29 de outubro.

Desde   seguimos colaborando para achegar a cadea de supervivencia á poboación. Nesta ocasión estivemos en  , onde un gr...
07/07/2026

Desde seguimos colaborando para achegar a cadea de supervivencia á poboación. Nesta ocasión estivemos en , onde un grupo de persoas voluntarias se formou sobre como actuar ante unha emerxencia sanitaria.

Durante a xornada abordáronse os principais conceptos de primeiros auxilios:
🩺 Conduta P.A.S. (Protexer, Alertar e Socorrer)
❤️ Reanimación Cardiopulmonar (RCP)
⚡ Uso do Desfibrilador Semiautomático (DESA)
🫁 Manobra de Heimlich
🔄 Posición Lateral de Seguridade (PLS)

A formación e a prevención salvan vidas. Grazas a todas as persoas participantes polo seu interese, implicación e compromiso.

🩺 Aprender a salvar vidas tamén forma parte do voluntariado.

Os participantes do Programa de Voluntariado Ambiental Xuvenil da concellería de Xuventude do concello de Ponteareas participaron nunha interesante sesión de formación en "Primeiros Auxilios", impartida por Borja Álvarez, técnico en Emerxencias Sanitarias e instrutor en SVB e DESA de Tesgalicia.

Durante a xornada aprenderon técnicas fundamentais como a RCP, o uso do desfibrilador (DESA), a manobra de Heimlich e a Posición Lateral de Seguridade (PLS), adquirindo ferramentas que poden marcar a diferenza nunha situación de emerxencia.

Seguimos apostando pola formación e a prevención. Grazas á colaboración entre Tesgalicia e o concello de Ponteareas, máis de 1.600 persoas xa recibiron formación en RCP e no uso de desfibriladores nos últimos tres anos.

💙 Formarse é estar preparado para axudar.

Dirección

Orense

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Tesgalicia.info publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Tesgalicia.info:

Compartir