05/11/2026
🌳 O bo coidado ten raíces no respecto e medra con agarimo.
Neste Día das Persoas Coidadoras creamos a nosa Árbore do Bo Coidado coas palabras que as persoas maiores relacionan con sentirse ben coidadas: escoita, paciencia, afecto, compañía, dignidade… 💚
Cada folla recolle a súa voz e lémbranos que coidar comeza por escoitar o que importa a cada persoa.
Grazas a quen coida cada día con atención, respecto e corazón. 🌼