01/10/2026
💛1 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DE IDADE 💛
Hoxe vivimos unha tarde de música, historias, risas, emoción e, sobre todo, de moito agarimo e respecto pol@s nos@s sabios e sabias.😊👌
Tivemos a inmensa sorte de recibir, unha vez máis, a KarlsBertyCía, que xa son parte da nosa familia. Coa súa música, coa súa alegría, paciencia e con ese agarimo que sempre nos agasallan, volveron encher a casa de emoción. Grazas por estar, por compartir o voso arte con nós e por demostrarnos, unha vez máis, que a empatía, o respecto e o agarimo tamén se poden transmitir a través da música. Sodes marabillosos. ❤️
Da man do Concello de Soutomaior , que un ano máis quixo acompañarnos e poñer en valor este día, chegou Celsiño que nos regalou unha auténtica viaxe pola maxia dos contos. As súas historias, as súas cantigas, a súa maneira de relatar e, especialmente, esas historias da súa avoa e os seus contos de cura, conseguiron algo marivolloso...facernos sorrir, emocionarnos e volver ser nenos por un anaco. Grazas, Celsiño, por unha tarde tan bonita e por ese pedazo de traballo.❤️👌
👉E como colofón, un momento moi especial: o recoñecemento ao meu querido Basilio.
Basilio é desas persoas que deixan pegada. Un gran amigo de Arcade, unha persoa que sempre está, que sempre suma e coa que sempre se pode contar. E eu tiña claro que todo ese talento, todas esas historias, eses poemas e esa capacidade tan fermosa de crear e transmitir non podían quedar sen ser recoñecidos.☺️
Por iso naceu a idea de recoller parte da súa obra e convertela nun libro, para que as súas palabras, os seus poemas e esa maxia que leva dentro quedasen tamén para sempre nas páxinas dun libro. Hoxe tivemos a felicidade de poder entregarllo. 📚❤️
Porque hai persoas ás que a vida non sempre lles deu a oportunidade de amosar todo o que levaban dentro. E cando temos a sorte de atoparnos con ese talento, o mínimo que podemos facer é velo, poñelo en valor e dicirlles: grazas por todo o que nos deixas❤️
Grazas ao Concello por acompañarnos, por valorar nos@s sabias e sabios.👏👏👏
E grazas a todos os que hoxe puxestes un anaquiño do voso corazón nesta celebración.👏👏👏
Hoxe non só celebramos anos de vida. Celebramos historias, talento, memoria, amizade e persoas que merecen ser lembradas.❤️
E que bonito é poder dicirlles, mentres aínda estamos a tempo:
“VÉMOSTE. VALORÁMOSTE. E GRAZAS POR TANTO” ❤️
👉 Sigamos sementando cousas bonitas 👈
Apertas 💚❤️