30/10/2026
📢 Exames axustados ás funcións. Basta de esixencias desproporcionadas!
CIG-Saúde denuncia preguntas nas oposicións do SERGAS que exceden as competencias profesionais ou incumpren as bases das convocatorias:
🔹 Imaxe para o diagnóstico: preguntas sobre criterios clínicos diagnósticos e dosificacións propias do soporte vital avanzado que exceden as competencias da categoría.
🔹 Calefactor/a: preguntas sobre normas UNE publicadas apenas un mes antes da proba, malia os límites temporais establecidos nas bases.
🔹 TCAE: preguntas sobre contidos que non figuran no temario da convocatoria.
Estas situacións afectan tanto ao acceso a unha praza fixa como ás oportunidades de emprego temporal, pola incidencia dos resultados na baremación das listas de contratación.
✊ CIG-Saúde esixe que o SERGAS asuma a súa responsabilidade: anulación das preguntas que incumpran estes criterios e garantías de exames proporcionados á titulación, ao temario e ás funcións de cada categoría.
O esforzo das persoas aspirantes merece respecto. Por unhas oposicións con garantías!