TodoSaúde Clínica Integral

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

TodoSaúde Clínica Integral Clínica pioneira en Sigüeiro, onde podes atopar solución ós teus problemas relacionados coa saú

O Commotio cordis é un fenómeno raro pero moi grave, é un tipo específico de paro cardiaco causado por un impacto contun...
05/11/2026

O Commotio cordis é un fenómeno raro pero moi grave, é un tipo específico de paro cardiaco causado por un impacto contundente no peito.

29 de outubro, día mundial do ictus. Atentos aos factores de risco! Ante calquer síntoma, chamade ao 112 inmediatamente,...
29/10/2026

29 de outubro, día mundial do ictus. Atentos aos factores de risco! Ante calquer síntoma, chamade ao 112 inmediatamente, non o deixedes pasar.

Xa chegou o frío 🥶 e os resfriados 🤧 , gardate estes 5 consellos para levalo o mellor posible! 🍂🏡
27/10/2026

Xa chegou o frío 🥶 e os resfriados 🤧 , gardate estes 5 consellos para levalo o mellor posible! 🍂🏡

💙 Temos novidades en Todosaúde! Dámos a benvida a Julia, a nosa nova fisioterapeuta especializada en solo pélvico. 🌿O so...
20/10/2026

💙 Temos novidades en Todosaúde! Dámos a benvida a Julia, a nosa nova fisioterapeuta especializada en solo pélvico. 🌿

O solo pélvico forma parte da nosa saúde e benestar moito máis do que pensamos. Porén, moitas veces normalizamos molestias, perdas de ouriños, dor ou cambios que afectan á nosa vida diaria.

A fisioterapia do solo pélvico pode axudarche a coñecer, coidar e recuperar esta zona, adaptando o tratamento ás túas necesidades e a cada etapa da túa vida. 🤍

✨ En que che pode axudar a fisioterapia do solo pélvico?

• Incontinencia urinaria e/ou f***l: para mellorar o control e a función do solo pélvico.

• Dor pélvica: valoración e tratamento das molestias na zona pélvica.

• Embarazo e preparación ao parto: para preparar o solo pélvico e acompañarte durante esta etapa.

• Posparto: recuperación do solo pélvico e acompañamento despois do parto.

• Cicatrices: tratamento de cicatrices, incluídas as derivadas de episiotomías ou cesáreas, cando estea indicado.

• Recuperación abdominal: traballo sobre a función abdominal e a súa coordinación co solo pélvico.

• Dor nas relacións se***is: abordaxe das molestias e da dor, respectando sempre o teu ritmo e as túas necesidades.

• Disfuncións se***is: valoración e tratamento das alteracións funcionais que poidan beneficiarse da fisioterapia.

• Menopausia: coidado das alteracións do solo pélvico asociadas a esta etapa.

• Prevención e mellora da función do solo pélvico: para coñecer mellor o teu corpo e favorecer a súa funcionalidade.

🌿 Non tes por que acostumarte á dor, ás perdas ou ás molestias que afectan á túa calidade de vida.

Cada persoa é diferente. Por iso, comezamos cunha valoración individualizada, nun espazo de confianza no que poidas falar con naturalidade do que che preocupa.

💙 En Todosaúde queremos acompañarte no coidado da túa saúde e benestar.

📩 Se tes dúbidas ou queres máis información, ponte en contacto connosco. Estaremos encantados de axudarche!

🩺 INFILTRACIÓNS CON TRAUMATÓLOGO EN TODOSAÚDE 💙Sabías que as infiltracións poden axudar a aliviar a dor e mellorar a mob...
13/10/2026

🩺 INFILTRACIÓNS CON TRAUMATÓLOGO EN TODOSAÚDE 💙

Sabías que as infiltracións poden axudar a aliviar a dor e mellorar a mobilidade das articulacións?

As infiltracións son un procedemento médico que consiste en administrar un medicamento nunha zona específica do corpo para tratar determinadas patoloxías musculoesqueléticas, reducir a inflamación e aliviar a dor.

Están indicadas en función de cada caso e poden empregarse para tratar diferentes problemas articulares, tendinosos ou inflamatorios, sempre tras unha valoración médica individualizada.

✨ Que beneficios poden ofrecer?
🔹 Alivio da dor articular e musculoesquelética.
🔹 Redución da inflamación en determinados casos.
🔹 Mellora da mobilidade e da funcionalidade.
🔹 Axuda na recuperación e na mellora da calidade de vida.

👨‍⚕️ En Todo Saúde contamos con servizo de infiltracións realizadas polo noso traumatólogo, que valorará o teu caso e determinará se este tratamento é adecuado para ti.

💙 Porque cada persoa é diferente, o tratamento tamén debe selo.

📩 Queres máis información ou pedir unha cita? Contacta con nós e axudarémoste a resolver as túas dúbidas.

👨🏻‍⚕️Dr Santiago Cons Lamas

🦶🏼Hoxe, 8 de outubro, celebramos o Día Internacional da Podoloxía en TodoSaúde!Moitas veces pensamos no podólogo só cand...
08/10/2026

🦶🏼Hoxe, 8 de outubro, celebramos o Día Internacional da Podoloxía en TodoSaúde!

Moitas veces pensamos no podólogo só cando aparece unha molestia ou unha urxencia, pero a podoloxía vai moito máis alá. Os pés son o noso único punto de contacto co chan, a base sobre a que se sostén todo o noso corpo e a nosa postura diariamente.

En TodoSaúde coidamos dos teus pés de forma integral en todas as etapas da vida. Sabes todo o que podemos facer por ti?

👣 Quiropodoloxía: Tratamento e prevención de calos, durezas, helomas, fungos (onicomicose) e uñas encarnadas de forma eficaz e sen dor.
👣Estudo biomecánico da pisada: Analizamos como camiñas e como pisas para detectar alteracións que poidan causar dores de pés, nocellos, xeonllos, cadeiras ou columna.
👣Plantillas personalizadas (Ortopodoloxía): Deseñamos e adaptamos soportes plantares a medida para corrixir, reequilibrar e aliviar calquera sobrecarga.
👣Podoloxía deportiva: Prevemos e tratamos lesións en deportistas, optimizando o rendemento e reducindo o impacto nas articulacións.
👣Podoloxía infantil e xeriátrica: Acompañamos o desenvolvemento da pisada nos máis pequenos e melloramos a mobilidade e calidade de vida dos nosos maiores.
👣Pé diabético: Coidado e prevención especializada para evitar complicacións e manter unha pel e circulación saudables.

🍃Invertir na saúde dos teus pés é invertir na túa calidade de vida e no teu benestar xeral.

💬Cando foi a última vez que fixeches un chequeo da túa pisada?

Queres comezar o día coidando o teu corpo? ABRIMOS UN NOVO GRUPO DE PILATES ÁS 8:00h CONTACTANOS!📍Av. Grabanxa 35, Baixo...
28/09/2026

Queres comezar o día coidando o teu corpo? ABRIMOS UN NOVO GRUPO DE PILATES ÁS 8:00h

CONTACTANOS!
📍Av. Grabanxa 35, Baixo. Sigüeiro, Oroso.
📞981973737
📲681054312
📩[email protected]
🕒Luns a Venres de 9:00 a 21:00

🧠 ESTRÉS OU ANSIEDADE? SABES DIFERENCIALOS?Aínda que ás veces poden parecerse, estrés e ansiedade non son exactamente o ...
23/09/2026

🧠 ESTRÉS OU ANSIEDADE? SABES DIFERENCIALOS?

Aínda que ás veces poden parecerse, estrés e ansiedade non son exactamente o mesmo.

O estrés adoita aparecer como resposta ante unha situación concreta ou ante unha demanda que percibimos como difícil. Pola súa banda, a ansiedade pode manterse no tempo e aparecer mesmo cando non existe unha ameaza concreta ou inmediata.

Coñecer as diferenzas pode axudarnos a identificar o que estamos sentindo e saber cando é importante pedir axuda profesional. 💙

👉 Desliza o carrusel e descubre as principais diferenzas.

En TodoSaúde coidamos da túa saúde desde unha perspectiva integral, acompañándote no teu benestar físico e emocional.

🦵 Fisioterapia despois dunha operaciónA fisioterapia pode ser unha parte fundamental da recuperación tras unha intervenc...
10/09/2026

🦵 Fisioterapia despois dunha operación

A fisioterapia pode ser unha parte fundamental da recuperación tras unha intervención cirúrxica. Axuda a recuperar progresivamente a mobilidade, a forza e a funcionalidade, ademais de contribuír ao control da dor e da inflamación.

⏱️ O momento axeitado para comezar dependerá do tipo de operación e das indicacións do equipo médico. Cada recuperación é diferente, polo que é importante contar cun tratamento adaptado ás necesidades de cada persoa.

💙 A túa recuperación, en boas mans.

📲 Se tes dúbidas sobre a túa recuperación, consulta co noso equipo de fisioterapia.

Recibir os resultados dunha analítica e ver asteriscos ou números vermellos pode xerar incerteza. 🧬Con todo, unha analít...
02/09/2026

Recibir os resultados dunha analítica e ver asteriscos ou números vermellos pode xerar incerteza. 🧬
Con todo, unha analítica non é un exame que se aproba ou se suspende: é unha fotografía do estado do teu organismo nun momento determinado.

📌 Lembra: Os rangos de referencia son medias poboacionais. O que é “normal” no papel pode non ser “óptimo” para os teus niveis de enerxía, rendemento ou sintomatoloxía.

En TodoSaúde Clínica Integral non só lemos os números, avaliamos como te sentes

Dirección

Avenida Da Grabanxa 35, Baixo
Sigüeiro
15888

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00

Teléfono

+34981973737

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando TodoSaúde Clínica Integral publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a TodoSaúde Clínica Integral:

Atajos

Compartir

Compañías De Salud Y Belleza cercanos