DOA Saúde Mental

Cómo llegar Página web

DOA Saúde Mental ONG encaminada a lograr el bienestar integral de personas que padecen una enfermedad mental.

Centro de rehabilitación psicosocial de personas con problemas de salud mental.

31/10/2026

SORPRESA! Novo produto na colección DOA! ✨🌸

Temos á nosa traballadora do mes, Paca, explotada! 😂🖨️ Non para de traballar nin un segundo, imprimindo pendentes sen parar! 🔥

🌼 Flores, cores e moitos máis modelos para darlle alegría ás vosas orellas! 💐 Porque en DOA tamén florecemos, medramos e poñemos cor á vida… e se é con estilo, moito mellor! 💚🌈

Os nosos chicos e chicas están encantadísimas con este proxecto, e nós estamos desexando que vos guste tanto coma a nós! 🥰

Música, baile e moi boa compañía. 🪩 Así de ben o pasamos na actividade de discoteca! Grazas Asociación Xaruma 🌱 Hospital...
26/10/2026

Música, baile e moi boa compañía. 🪩 Así de ben o pasamos na actividade de discoteca! Grazas Asociación Xaruma 🌱 Hospital de Psiquiatría El Pinar EVD Galicia e a Asociación Alba.
Creando lazos e tecendo rede! 💙

Excursión á vista!🎨📸Os compis de Vigo achegámonos ata o Teatro Afundación para visitar a exposición «Chema Madoz. A natu...
23/10/2026

Excursión á vista!🎨📸
Os compis de Vigo achegámonos ata o Teatro Afundación para visitar a exposición «Chema Madoz. A natureza das cousas» 😏 🖼️

Un percorrido polo universo deste artista, que transforma obxectos cotiáns en imaxes sorprendentes, xogando coas formas, os significados e a nosa maneira de mirar o mundo. 👀💭 Porque ás veces abonda con cambiar a perspectiva para descubrir algo totalmente novo!

Marchamos encantados, coa cabeza chea de ideas, preguntas e reflexións… e con ganas de seguir explorando a creatividade! 🧠💡💚

Con tantas actividades e tanta diversión, esquecémonos de ensinarvos o ben que o pasan as nosas chicas de Salceda! 😍✨Hai...
21/10/2026

Con tantas actividades e tanta diversión, esquecémonos de ensinarvos o ben que o pasan as nosas chicas de Salceda! 😍✨

Hai uns días aproveitamos o programa Xuntas para facer unha visita ao Pazo Pegullal. 🏰🌿 Unha oportunidade xenial para compartir momentos e seguir sumando experiencias! 🥰💚

E con estas dúas actuacións pechamos o noso Mes da Saúde Mental! 🫂💚Comezamos o 10 de setembro coa nosa andaina Mente en ...
17/10/2026

E con estas dúas actuacións pechamos o noso Mes da Saúde Mental! 🫂💚

Comezamos o 10 de setembro coa nosa andaina Mente en Marcha (13 de setembro) e rematamos con Os do Freixo (16 de outubro). 🎭✨

Nada disto sería posible sen a vosa colaboración e, por suposto, sen o Concello de Moaña, que sempre se apunta a un bombardeo se fai falta! 😂💚 Concello de Moaña Oficial

Grazas de corazón🫀... e de cabeza🧠 por axudarnos a eliminar o estigma, saír das sombras e deixar claro que a saúde mental coídase os 365 días do ano. 🌱

E agora… vémonos pronto? ⏰👀 Porque isto non remata aquí! 💚

E ollo, que non todo pasou en Moaña! 👀✨
Tamén queremos agradecerlles aos concellos de Cangas, Vigo e Salceda de Caselas por acompañarnos neste camiño e apostar pola saúde mental.

Grazas por sumar, colaborar e axudarnos a construír unha sociedade na que coidarnos por dentro sexa tan importante como coidarnos por fóra.
Concello de Salceda de Caselas Concello de Cangas de Morrazo Concello De Vigo

Hoxe escapamos a Santiago para a presentación do plan de saúde mental 2026-2030 🧠
16/10/2026

Hoxe escapamos a Santiago para a presentación do plan de saúde mental 2026-2030 🧠

14/10/2026

🎭 Novo guión para os Furafollas Teatro! 👀

Agardamos que Maruxa e Xoana organizasen un día cheo de emocións para este venres no Auditorio Celso Parada de Moaña… 🤭💐

Dous pases da obra Os do Freixo: ás 11:00 h e ás 18:00 h.
🎟️ Entrada de balde!

Veña, que aquí hai moito que cotillear! 👀🤫

O pasado xoves foi o acto do Día Mundial da Saúde Mental no Concello de Vigo.Comezamos pintando máscaras coa proposta «D...
13/10/2026

O pasado xoves foi o acto do Día Mundial da Saúde Mental no Concello de Vigo.

Comezamos pintando máscaras coa proposta «Desenmascárate». Porque ás veces por fóra parece que todo vai ben, pero por dentro sentimos outras cousas.

Despois chegaron os Furafollas, que nos fixeron rir e desfrutar coa súa función Os do Freixo. Quedou claro que de talento imos ben servidos/as!

Tamén houbo momentos para parar e escoitar: a presidenta de DOA compartiu unhas palabras e dúas persoas usuarias puxeron voz ao Manifesto do Día Mundial da Saúde Mental, lembrándonos que aínda queda moito por facer para deixar atrás os prexuízos e o estigma.

Para rematar, interviñeron as autoridades do Concello de Vigo, acompañándonos nesta xornada tan especial.

Grazas a todas as persoas que fixestes posible este día, ás que pintastes, actuastes, lestes, falastes e aplaudistes. E tamén ás que viñestes simplemente a acompañarnos, que estar aí xa é moito!

Porque a saúde mental é cousa seria, pero iso non significa que non poidamos abordala cun sorriso.

E lembrade: nunca sabemos o que hai detrás dunha máscara… pero sempre podemos facer o esforzo de mirar máis alá.

E XA CHEGOU O DÍA!Hoxe alzamos a voz polo Día Mundial da Saúde Mental.🧠Porque o 10 de outubro non é un día de festa, é u...
10/10/2026

E XA CHEGOU O DÍA!

Hoxe alzamos a voz polo Día Mundial da Saúde Mental.🧠

Porque o 10 de outubro non é un día de festa, é un día para poñer o foco, reivindicar e lembrar que aínda queda moito por cambiar. ✊💚

Este ano, o manifesto vai centrado en poñer especialmente o foco nas condicións de vida que afrontan as persoas novas e en como a precariedade, a falta de oportunidades, a inestabilidade e as dificultades para acceder a unha vida digna tamén teñen un impacto directo na saúde mental.

Porque non todo depende das persoas. As condicións nas que vivimos tamén importan.🏠💼💚

Hoxe reivindicamos, damos voz e, sobre todo, escoitamos ás persoas que viven estas realidades en primeira persoa.🗣️

🎨 E para poñerlle imaxe a este día, aquí tedes o cartel gañador do noso concurso interno de carteis polo Día Mundial da Saúde Mental deste ano.

Hoxe e todos os días: máis dereitos, máis apoio, máis saúde mental.

📣 Alcemos a voz.
💚 Falemos de saúde mental.
🧠 Poñamos as persoas no centro.

09/10/2026

A saúde mental importa, sen saúde mental non hai saúde 📣

Dirección

Rua Romil, 84
Vigo
36211

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Martes 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00
17:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando DOA Saúde Mental publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Compañías De Salud Y Belleza cercanos