26/09/2026
🌎💜 Partería e maternidade: unha viaxe entre culturas
Como se vive e se acompaña a maternidade en diferentes lugares do mundo? Que papel teñen as parteiras? E como inflúen a cultura, a comunidade e o contexto social na forma de vivir o embarazo, o parto e o posparto?
O venres 2 de outubro, ás 18.00 h, abrimos un espazo para conversar, compartir experiencias e achegarnos a outras realidades.
🗣️ Dilma Cruz, lideresa agraria e parteira hondureña, e Irune Valderrábano, matrona galega e historiadora, dialogarán sobre as súas experiencias e coñecementos arredor da partería e das maternidades.
Un encontro intercultural para coñecer outras formas de acompañar, descubrir puntos de encontro e reflexionar sobre o valor do respecto, a diversidade e a comunidade. 🌿
📅 2 de outubro de 2026
🕕 18.00 h
📍 Casa Xohana Torres · Santiago de Compostela
🎟️ Acceso libre ata completar aforo.
Podes inscribirte previamente no formulario para garantir a túa praza: https://forms.gle/UYsQZqWPSgqctBCK9
Organiza AGAM en colaboración con (Mulleres Bravas), co apoio de Cooperación Galega.
💜 Agardámoste!